A Ponte celebra a partir de mañá os antroidos 2016

A localidade cabreiresa pasará dous días moi animados polo antroido, no que non faltará a esmorga e a diversión

Antroido A Ponte

Programa antroido 2016

Este venres e sábado todos os veciños que o desexen poderán participar no antroido local. Carrozas, comparsas, colchóns para nenos ou orquestra, entre outras actividades, prometen un fin de semana moi pouco aburrido.

Programa completo

Venres 5 de febreiro

  • 19:00 – Día do ruído: Anímase a todos os veciños a disfrazarse y apañar algo para facer ruído e facer a serenata por todo o pobo. Saída desde o pavillón municipal, e ao regresar, chocolate con biscoito para todos… e fotos no photocall do antroido.

Sábado 6 de febreiro

  • 16:00 – Comezo do desfile. Percorrido polo pobo de carrozas, comparsas e individuais (o que leve vehículo a motor, imprescindible seguro).
  • 18:00 – Chegada ao pavillón, colchóns gratis para os nenos e gran tirada de caramelos.
  • 19:30 a 21:00 – Baile de tarde co “Trío Florida”.
  • 21:00 – Cea paella-bica-café, disfrazados gratis e non disfrazados 2€.
  • 22:00 a 1:30 – Baile de noite co “Trío Florida”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *