A Ponte dá comezo á súa oferta cultural do Nadal

O municipio da Ponte xa ten listo o seu programa do Nadal que empeza mañá venres

12345436_10206880411661235_7751871872917042162_n

Programación festiva

Como cada ano os veciños de tódalas localidais do municipio da Ponte poderán gozar dunhas actividais do Nadal que os seus promotores prometen diferentes e divertidas, nas que tódolos veciños, e en especial os nenos, poderán gozar de trucos de maxia, dos cantos do Nadal dunha coral, do parque infantil de Nadal, así como de Santa Claus e os reis meigos, que tamén visitarán a localidade.

Programación:

Decembro 2015

  • Día 18: Visita pola mañá do mago Chalupa aos colexios de San Pedro de Trones e A Ponte para recoller as cartas dos nenos aos reis meigos.
  • Día 19: Coral de Nadal na igrexa parroquial da Ponte.
  • Día 24: Ás 19:00 h. Santa Claus visita o Concello.
  • Días 25 e 26: Parque infantil Noel Camp no polideportivo Municipal da Ponte.
  • Día 30: Festa de fin de ano infantil, na casa de cultura ás 19:00 h.

Xaneiro 2016

  • Día 5: Cabalgata de Reis.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *