A Ponte en festas

A localidade cabreiresa pasará uns días moi animados en honra á nosa Sra. da Asunción e San Roque

ponte

Cartel de festas da Ponte

Desde o vindeiro sábado 13 de agosto ao 17, terán lugar as festas da Ponte con moitas e variadas actividades como a festa da empanada, as orquestras e bailes, ou os xogos pra nenos.

Este é o programa completo:

Sábado 13

21,30 XIII edición da festa da empanada na praza de San Antonio. Unhas exquisitas empanadas de acelgas, bonito, carne e de bacallau. Ademais de chourizos, bebida, café, bica, cuturrús e bandexa conmemorativa. O prezo será de 6 euros.

00,30 Verbena coa orquestra Gran Parada.

Domingo 14

21,30 Baile de tarde coa orquestra Israel.

01,00 Verbena coa orquestra Israel.

Luns 15

Alborada co grupo de gaitas Amanecer.

12,30 Procesión e misa solemne en honra a nosa Sra. da Asunción.

20,00 Espectáculo infantil con Alfonso el Mago na zona do polideportivo.

21,30 Baile de tarde a cargo de orquéstra D’Tacon.

01,00 Verbena con orquéstra D’Tacon.

Martes 16

Alborada co grupo de gaitas Amanecer.

12,30 Procesión e misa solemne en honra a San Roque.

16,00 Inchable X-Trem (inchable máis grande do mundo), inchables acuáticos, festa da escuma, música e animación na zona do polideportivo.

21,30 Baile de tarde co trío La Noche.

01,00 Verbena co trío La Noche.

Mércores 17

Alborada co grupo de gaitas Amencer.

12,30 Misa en honra a San Roquín na súa ermida.

21,15 Baile de tarde co trío Azahar.

22,00 Paella fin de festa.

23,00 Verbena co trío Azahar.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *