Antroido 2017 no municipio da Ponte

A partir de mañá a localidade cabreiresa pasará dous días moi animados polo antroido, no que non faltará a esmorga e a diversión

Programa antroido 2017

Este venres e sábado todos os veciños que o desexen poderán participar no antroido local. Carrozas, comparsas, colchóns para nenos ou orquestra, entre outras actividades, prometen un fin de semana moi pouco aburrido.

Programa completo

Venres 24 de febreiro

  • 19:00 – Día do ruído: Anímase a todos os veciños a disfrazarse y apañar algo para facer ruído e facer a serenata por todo o pobo. Saída desde o pavillón municipal, e ao regresar, chocolate con biscoito para todos e apertura do Bar do antroido con pinchos de tortilla e xamón.
  • 23: – Gran torneo de futbolín: Inscrición parella 20 euros (1º premio 70% da recadación e 2º premio 30% da recadación)

Sábado 25 de febreiro

  • 16:00 – Comezo do desfile. Percorrido polo pobo de carrozas, comparsas e individuais (o que leve vehículo a motor, imprescindible seguro).
  • 17:30 – Chegada ao pavillón, colchóns gratis para os nenos e gran tirada de caramelos.
  • 18:30 a 21:00 – Baile de tarde co “Media noche”.
  • 21:00 – Cea paella-bica-café, disfrazados gratis e non disfrazados 3€.
  • 21:30 a 1:00 – Baile de noite co “Media Noche”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *