De ruta bodegueira pola Ponte

Organizado pola Xunta Veciñal e por motivo das festas en honra de San Antonio, a localidade cabreiresa acollerá a terceira edición da Ruta de bodegas Barbacana

Cartel de festas

O sábado 14 de xaneiro a partir das 20:00 horas dará inicio a 3ª Ruta de bodegas Barbacana na praza San Antonio. Nesta edición da feira vinícola participarán nove bodegas que ofrecerán xerras a un prezo de 6 euros e pinchos.

A ruta estará amenizada pola charanga “Europa” e “Boafesta Discomovida”, e á súa finalización haberá bica e café.

A festa en honra a San Antonio continuará os días 16 e 17, nos que se fará unha gran fogueira, celebrarase a Santa Misa e a procesión. A música da festa estará tamén amenizada por “Boafesta Discomovida”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *