Festas patronais de San Pedro de Trones

Mañá comezan as festas en honra a San Pedro, o Sacro Corazón, San Antonio e o Corpus Christi que durante catro días animarán as rúas de San Pedro de Trones

Cartel de festas

Cartel de festas

Os días 29 y 30 de xuño, e o 1 e 2 de xullo as rúas encheranse de cor para celebrar as festas patronais de San Pedro de Montes.

Tódolos días celebrarase a Santa Misa e procesión á 13:00 do mediodía,e seguidamente haberá baile vermouth. Cada día haberá unha orquesta que amenizará os bailes, o do vermouth e os dous pases da noite, de 21:00 a 22:30 horas e de 01:00 a 04:00 horas da madrugada.

Mañá tocará a Orquesta Tango, o xoves a Orquesta Saudade, e o venres a Orquesta Nevada. Para finalizar, o sábado contarase co Trío Chiki Big Band, que tocará pola mañá e pola tarde.

Os máis pequenos do pobo tamién poderán xogar cos castelos hinchables a partir das 16:00.

Para rematar a festa ás 1:00 horas haberá verbena coa Boa Festa Discomovida.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *