Grandes festas en Robledo en honra a Santiago, San Joaquín e Santa Ana

Robledo volve render homenaxe ao Santo Apóstolo os días 23, 24, 25 e 26 de xullo

robledo

Cartel de festas

Outro ano máis esta localidade cabreiresa volve ofrecer unha ampla variedade de actividais festaxeiras entre as que destacan a música, o campionato de Tute, os xogos pra nenos, ou degustaciois de cervexas.

Robledo é un pobo que se atopa a 670 metros de altitude, estando os seus barrios da Lomba, Campelo e Fondo de Vila, ben separados. Neste postremeiro está a ermida de Santiago, que está a facer as funciois de parroquia. Por baixo do barrio da Lomba, que se atopa case abandonado, levántase o templo parroquial que na actualidade non está aberto ao culto.

Pra quen queira andar de varanda eiquí deixámosvos tódalas actividais:

Día 22

Churrascada: Touciño, churrasco, chourizo, pan, veu ou auga (10€).

Día 23

16:00 Campionato de Tute. Premios: 1) xamón, 2) queixo.

16:30 Castelos inchables, xogos de bólas e moito máis pra os nenos.

robledo2

IV edición de degustación de cervexas

20:00 IV Degustación de cervexas con gran variedade de pinchos XXXL, acompañados pola número uno de galicia, a “Charanga Mekánika”.

Día 24

13:00 Baile vermut con orquestra Venus Band.

16:00 Campionato de Tute. Premios: 1) xamón, 2) queixo.

20:00 baile de tarde con Orquestra Venus Band.

01:00 Verbena con Orquestra Venus Band.

Día 25

10:00 Alborada con Charanga Europa.

12:30 Santa Misa en honra a Santiago Apóstol.

13:30 Baile vermú.

16:00 Campionato de Tute. Premios: 1) cordeiro, 2) queixo.

16:30 Castelos inchables, touro mecánico e máis.

20:00 Baile de tarde con grupo Lembranza.

01:00 Verbena con grupo Lembranza.

Día 26

13:00 Misa en honra a San Joaquín e Santa Ana.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *