IV Xornadas Gastronómicas de Pinchos en A Ponte

Por cuarto ano consecutivo A Ponte volve gozar durante este venres e sábado dunha suculenta oferta gastronómica de pinchos e tapas

pinchines

cartel das IV Xornadas Gastronómicas de Pinchos

Durante dous días e a partir das 18:00 horas, nove establecementos hostaleiros repartidos entre A Ponte, Salas e San Pedro de Trones ofrecerán as súas mellores especialidades en pinchos, os mellores pratos de cociña en miniatura, que fan destas xornadas gastronómicas un evento consolidado que xa chegou á súa cuarta edición, e onde os clientes decidirán cos seus votos o pincho que máis se merece levar o premio.

Os pinchos que se poderán degustar son os seguintes:

La frontera: Mini hamburguesa de rabo de touro con salsa de aguacate.

La discoteca: Rollito doce de delicia de mar.

La churrería: Patacas Ana María con carpaccio de salmón.

Veracruz: Nevado de toluca.

Los arcos: Delicatessen de ibérico con queixo e avellana caramelizada.

El cruce: Cesta de inverno.

La cueva: Salteado de arroz con verduriñas e pincho de pito.

Thais: Brat de cabra.

La torre: Bocado de outono.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *