Yeres celebra San Juan

Co solsticio de verán chega o día máis longo do ano. A festa de San Juan Bautista celebrarase mañá nesta pedanía cabreiresa

Ás 10:30 da mañá será a alborada polas rúas do lugar.

Ao mediodía, ás 13:30 horas, realizarase a procesión e a Santa Misa en honra a San Juan. Despois chegará o momento do baile e o vermú que estarán amenizados coa música dunha charanga.

Xa pola tarde, ás 20:00 horas, será a hora do baile de tarde que rematará ás 22:15 horas coa cea popular. Unha cea popular na que se poderá degustar patacas con xabaril, costeleta, touciño entrefebrado e chourizo, acompañados de viño e café.

Pra terminar a festa ás 23:45 horas haberá unha gran verbena de San Juan.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *