San Pedro de Trones celebra as súas festas patronais

Este sábado comezan as festas en honor a San Pedro que durante catro días animarán as rúas de San Pedro de Trones.

San Pedro de tronesOs días 27, 28, 29 e 30 de xuño as rúas encheranse de cor para celebrar as festas patronais de San Pedro de Montes.

Tódolos días celebrarase a Santa Misa e procesión á 13:00 do mediodía,e seguidamente haberá baile vermouth. Cada día haberá unha orquesta que amenizará os bailes, o do vermouth e os dous pases da noite, de 21:00 a 22:30 horas e de 01:00 a 04:00 horas da madrugada. O sábado tocará a orquesta Nevada, o domingo a orquesta Azabache, e o luns a orquesta Los Españoles. Para finalizar, o martes contarase co Dúo Bandoneón, que tocará pola mañá e pola tarde.

Os máis pequenos do pobo tamién poderán gozar tódolos días de castelos hinchables desde as 17:00 da tarde ata as 21:00 da noite.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *