San Pedro de Trones celebra a festa en honor da Virxe da Estrela

San Pedro

A localidade cabreiresa pasará tres días moi animados con orquestra, festas, degustaciois e misa con procesión.

Tres días moi animados na localidade cabreiresa, con orquestra, festas, degustaciois e misa con procesión. A localidade cabreiresa de San Pedro de Trones rende homenaxe dende este venres ata o próximo domingo á Virxe da Estrela.

O venres 29 de maio comezan as actividades coa Santa Misa e durante todo o día actuará, en diferentes pases, a orquestra ‘Grupo Expresión’ para animar a todos os veciños e visitantes de San Pedro. Ademais, os veciños poderán gozar dunha paella de balde, ás 21:00 horas.

Os días restantes (30 de maio e 31) mantense o mesmo programa co venres, variando horarios de misas e nomes das orquestras. O sábado a misa será ás 19:00, a despois verbena animada pola ‘Orquesta Capricho’. No medio, ás 21:00, os presentes poderán asistir á ‘VII Cea da Tenreira’ a un prezo razoable de 10 euros.

O gran día da festa comeza o domingo con misa e procesión en honor da Virxe da Estrela e despois sesión vermú coa orquestra ‘Duo Amanecer’. Pola tarde misa de novo e o fin de semana de celebraciois rematará cunha verbena a cargo da mesma orquestra.

Ademais, o visitante pode completar o seu tempo de lecer con outras actividades culturais no mesmo San Pedro. Por exemplo, o único museo en España dedicado á lousa. Trátase dun pequeno e moderno museo, onde pódese atopar todo o relacionado coa industria extractiva da lousa na zona, desde os seus inicios ata hoxe e a súa relación coa xeración de riqueza na rexión. Colección arqueolóxica. Serie de pezas etnográficas e de artes decorativas e instrumentais relacionadas coa explotación antiga da lousa, destacando a magnífica espada de Villafranca.

A capela da Virxe da Estrela construíuse sobre outra do século XI, en estilo neo-románico con forma de estrela octogonal. A imaxe da Virxe que ten no seu interior é unha escultura en madeira similar a outra da catedral de Plasencia do século XIII. Dende este lugar pódese gozar dunhas fermosas vistas de todo o val do río Cabreira.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *