V Xornadas Gastronómicas de Pinchos na Ponte

Por quinto ano consecutivo A Ponte volve gozar durante os próximos días 3 e 5 de decembro dunha suculenta oferta gastronómica de pinchos e tapas

Cartel das xornadas gastronómicas

Cartel das xornadas gastronómicas

Nestes dous días e a partir das 18:00 horas, nove establecementos hostaleiros repartidos entre A Ponte, Salas e San Pedro de Trones ofrecerán as súas mellores especialidades en pinchos, os mellores pratos de cociña en miniatura, que fan destas xornadas gastronómicas un evento consolidado que xa chegou á súa quinta edición, e onde este ano xa non serán os clientes os que decidirán cos seus votos o pincho que máis se merece levar o premio, senón que serán os propios bares os que nomearán a un representante pra que vote con 3, 2, ou 1 puntos os que ao seu parecer son os tres mellores de entre os nove bares participantes..

Estes son os establecementos que participarán nas xornadas gastronómicas e os seus respectivos pinchos.:

A Ponte

  • Los Arcos: “Patata rellena de champiñones y Bacon Gratinadas”.
  • La Cueva: “Brocheta Mar y Tierra”.
  • La Torre: “Crujiente de Rabo y Toro”.
  • El Cruce: “Crucero de Sabor”.
  • El Thais: “Bocado de Cecina y Paté de Aceitunas”.
  • La Colmena: “Piruleta de Hojaldre”.

San Pedro de Trones

  • La Discoteca: “Guiso de Otoño”.
  • La Frontera: “Bocaditos Sorpresa”.

Salas

  • Veracruz: “La Tizona”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *